Menú

En 1995, según acordo del Conseyo de Goberno del Principao d’Asturias (BOPA 14.6), modificáronse os Estatutos del Academia da Llingua Asturiana. D’este xeito, el apartao k. del Artículo 1 quedóu redactao asina:
Art. 1.k): «A todos os efectos, el Academia da Llingua Asturiana ha promover y velar polla variante lingüística gallego-asturiana ou astur-galaica»

Pa dar cumprimento al mandato estatutario, el Academia da Llingua Asturiana acordóu crear en 1996 a «Secretaría Llingüística del Navia-Eo».

Despós da creación da Secretaría, úa das primeiras decisióis da institución foi asumir a Proposta de normas ortográficas y morfolóxicas del gallego-asturiano, feita por un grupo de profesores y llingüístas dos conceyos del Navia-Eo y publicada pola Conseyeiría d’Educación, Cultura, Deportes y Mocedá en 1993 (2ª ed., Uviéu, ALLA, 2007).

As funcióis y xeiras da Secretaría abarcan principalmente  estos aspectos:

A xeira editorial ten un peso importante nel sou llabor porque é esa úa das necesidades máis importantes del gallego-asturiano y é preciso qu’os falantes podan dispoñer de publicacióis na sua fala que, d’outro xeito —sin alfabetización y sin úas condicióis socillingüísticas axeitadas— é difícil que podan darse.

Asina, nel mesmo 1996 empeza a editarse a revista Entrambasauguas, con artículos de carácter divulgativo sobre aspectos sociales, hestóricos, culturales y lliterarios referidos a os conceyos eonaviegos. A revista ten publicaos hasta este momento 26 númaros.

A Entrambasauguas acompañóula pouco despós a colección «Os llibros d’Entrambasauguas», que nacéu col oxetivo de cubrir outros ámbitos, atendendo principalmente al investigador, al lliterario (testos y autores veyos y novos) y al dos testos y materiales prá escolarización. En 1998 deu á imprenta a súa primeira entrega, el volume Estudios das terras del Navia-Eo, y ten publicaos hasta este momento 19 númaros.

A xeira d’investigación en y sobre el gallego-asturiano é outra das actividades da Secretaría. En 1997, dentro das «Xornaes Internacionales d’Estudiu» que celebra anualmente el alla houbo úa presencia grande de comunicacióis sobre a comarca eonaviega, dándoseye continuidá á iniciativa, xa na zona occidental, cúa organización das «Sesióis d’Estudio», unde especialistas en diferentes temas falaran de cuestióis relacionadas col Navia-Eo. As primeiras sesióis celebráronse en Castropol en 1998; as segundas na Caridá en 2005 y as terceiras tamén nesta mesma villa neste ano de 2012.

A xeira formativa: A Formación d’Adultos é outro dos esmolementos da Secretaría, qu’empezóu en 2005 a organizar cursos d’alfabetización en gallego-asturiano d’emparzao con asociacióis culturales da zona. Son programas formativos básicos unde se trabaya na normalización escrita pro tamén s’atenden aspectos culturales, lliterarios y sociollingüísticos.

A Secretaría, dentro das súas posibilidades, trabaya tamén outras iniciativas pr’animar a escolarización: ademáis de colaborar nel «Día das Lletras Asturianas» que se festexa nas escolas da zona, fai convocatorias anuales de concursos entre os escolares y edita material divulgativo (folletos, pegatinas…) animando a os padres a matricular a os sous fiyos nel asignatura de gallego-asturiano.

Por outra banda, el Academia de la Llingua Asturiana, por encargo da Conseyeiría d’Educación del Principao d’Asturias, ven organizando dende 2001 un «Curso de Capacitación en Gallego-Asturiano» pral profesorao d’Educación Primaria y Secundaria. Composto de tres fases y con profesores del Navia-Eo, celébrase nas mesma fechas y nel mesmo llugar qu’os cursos da Universidá Asturiana de Branu (UABRA).


PA MÁS INFORMACIÓN
C/L'Águila 10
Tfnu. 985 21 18 37 - Fax. 985 22 68 16
Apartáu de Correos 574 E-33080 UVIÉU
E-mail: alla@asturnet.es


Términu buscáu

El términu o términos qu'escriba van buscase en toles seiciones del nuesu portal

 

Publicacióis da Secretaría Llingüística del Navia-Eo


Copyright (C) 2004 Academia de la Llingua Asturiana.